1996-2004
CEIP Milladoiro
Malpica de Bergantiños
2004-2018
CEIP Isaac Díaz Pardo
O Burgo, Culleredo
De Contomundi a Saidabad; de Saidabad a Galicia.
Estas historias foron recollidas polo seu protagonista, o diminuto Ismaíl, coa axuda dun mestre de primaria. Pero sobre todo coa participación, a colaboración e o esforzo de moitos nenos e nenas durante máis de vinte anos, aproximadamente.
Unha parte dos contos que aquí se inclúen foron entregados como un agasallo para Ismaíl. Outros foron o resultado dunha actividade escolar planificada. A pesar de todo, houbo certos regalos que resulta imposible mostrar nestas páxinas debido ao seu tamaño e natureza. Así: unha mesiña de castiñeiro coa súa silla; unha pequena bicicleta de montaña; unha gran casa de cartón; o himno do pirata; unha fermosa táboa de surf; unha barca de madeira; un montón de camisas, chalecos e pantalóns; gorros, bufandas de lá e uns zoquiños; abrigos e capas, e especialmente unha fantástica capa de Supermán. E moitos outros agasallos.
O máis importante eran as moedas de ouro que recibía para o seu tesouro máxico. Ismaíl sempre compartía esas moedas cos seus amigos e amigas, con nenos doutras clases e tamén coa xente dos colexios.
Por iso, grazas por tantas historias!
GRAZAS por todo!
