Mostrando entradas con la etiqueta alumnado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alumnado. Mostrar todas las entradas

12 de diciembre de 2018

As mellores historias do Burgo, en Culleredo

Este foi uns dos últimos actos do pasado curso 2017-2018. Tratábase de escoller as mellores historias escritas durante a época de Ismaíl no CEIP Isaac Díaz Pardo (O Burgo, Culleredo). Despois de ler todos os contos que aparecían ata ese momento neste sitio, neste blog, cada neno e cada nena fixo a súa propia selección. A continuación, e da mesma maneira que fixéramos antes coas historias de Malpica, votaron libremente…

E así quedou a listaxe das mellores historias do lugar que tanto amamos, O Burgo, no concello de Culleredo:

1Vs7mlsG73””

29 de mayo de 2018

As mellores historias de Malpica

Empezamos a escoller as mellores historias que aparecen neste sitio. Houbo que ler con atención e despois elixir os mellores contos, segundo a opinión de cada un. A continuación, na aula votouse libremente para saber que historia recibía máis votos.

Con aquelas que foron imaxinadas e escritas en Malpica de Bergantiños, no CEIP Milladoiro, o resultado foi o seguinte…

5 de abril de 2018

O noso tesouro

O mellor tesouro non é o que está formado só por moedas de ouro e de prata. E Ismaíl, o noso líder diminuto, ben o sabe porque el é o gardián do noso tesouro. O gran escritor galego Álvaro Cunqueiro explicouno con palabras fermosas: talvez Ismaíl, como os seres máxicos, garda a nosa intelixencia, que é a maior riqueza que posuímos como humanos…

12 de agosto de 2015

Ismaíl e Drago, a historia

Esta historia é moi, moi grande. É grande pola súa extensión, no tempo e nas palabras, pero tamén porque se trata dunha historia de Ismaíl co seu dragón máis famoso, Drago. O primeiro capítulo, ao redor das teorías do Caldeiro Máxico, foi descuberto e escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007.

E así pasaron moitos meses. Ata que chegou María Pardo e empezou a escribir os seguintes capítulos, do dous ao seis, descubertos durante o curso 2012-2013. Desde que Vanesa inventara o seu conto, ninguén se atrevera a continualo. Talvez porque non era fácil, ou se cadra porque o mesmo Drago gardaba a súa memoria e aínda non o sabiamos.

No mes de agosto de 2015, a historia de Ismaíl e Drago quedou así:

  1. Ismaíl e Drago
  2. O regreso
  3. O mapa
  4. A busca
  5. A montaña
  6. A execución
Hai algo máis. Agora Drago é o encargado de coidar e de protexer todas as historias de Ismaíl que poidan ser recuperadas, e tamén de atender os segredos do Caldeiro Máxico. Son o seu verdadeiro e único tesouro neste sitio, ademais de certas moedas de ouro e chocolate, claro...

Ismaíl e Drago, de Adrián Martínez (2015)